a culpa foi de Tito?

Que ten que ver Tito Calviño, o histórico músico das orquestras Compostela e Los Satélites (entre outras moitas formacións) con Zënzar e co rock galego? Pois hai unha relación… e hai moitas razóns para homenaxear ao, en palabras de Xurxo Souto, mestre (descoñecido) do rock galego.

O próximo sábado día 26 de abril ás 19:30h en Portas Ártabras (rúa Sinagoga nº22, A Coruña), terá lugar unha das presentacións de A culpa foi de Zënzar máis especiais. Ou, polo menos, diferente.

Coa presenza do seu fillo, o tamén músico Tito Calviño, Manuel Silveira (fundador de Zënzar e 12 Labirinto), Antón Papaqueixos, Gonzalo Grela (Broa), Xosé Antón Bocixa (vocalista de Zënzar) e Laura Romero (baixista de Zënzar e autora do libro A culpa foi de Zënzar). O acto será conducido por Xurxo Souto.

· Entrada libre
· Libros á venda durante o acto

· Organizan: Xurxo Souto e Xosé Bocixa, coa colaboración de Amigos dos Museos de Galicia.


Descubre más desde ZËNZAR

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Deja un comentario