xira 2024

Imos dándolle forma á xira de aniversario! 9 de marzo MOS Sala Rebullón16 de marzo A CORUÑA Sala Mardi Gras6 de abril MELIDE Pub Gatos20 de abril SARRIA Buril5 de maio BUEU Aturuxo Bar15 de xuño LALÍN Noceda Rock E máis datas e amizades por anunciar!   Venda de anticipadas dispoñible (por evento) AQUÍ.

Leer más xira 2024

35 anos bourando

o 23 de decembro estamos de aniversario e o celebramos na sala capitol. Zënzar, aínda Mördor, debutabamos no disco-pub non sei a véspera de noiteboa de 1988. e estamos a montar unha boa para a sinalada efeméride! Mirade, mirade se non… unha ducia de amizades connosco no escenario, e sorpresas aínda por desvelar… Onde e […]

Leer más 35 anos bourando

xira 35º aniversario…

…EN PROCESO! A finais deste ano 2023 celebraremos unha data moi especial, non só para os cinco integrantes do que é Zënzar agora, senón que para moita máis xente. E é que T-R-I-N-T-A E C-I-N-C-O A-N-A-Z-O-S merecen ser festexados por todo o alto, non si? Pois nunhas semanas iremos debullando cousiñas, aos poucos. Nós, pola […]

Leer más xira 35º aniversario…

Fin de xira…

…e punto e aparte. Despois do disco Benvidas ó futuro, cos seus practicamente dous anos de paróns e restriccións pola crise sanitaria (que estalou pouco despois de saír o CD á luz), precisamos un tempiño para tomar as cousas con calma. Esperade: non marchamos! Simplemente, imos reactivar a maquinaria creativa no local e nas nosas […]

Leer más Fin de xira…

Novas datas!

Seguimos confirmando datas e presencia en varios festis este verán! Despois de pasar polo Bar Queiro de Mañón, subiremos ao palco do Rapasóns de Sabucedo o primeiro venres de xullo (ou o sábado, mellor dito) para pechar o festival. Vide con ganas, que será arredor das 3:30h! Despois de grandes bandas coma Treixadura, O Caimán […]

Leer más Novas datas!

Correlingua en vigo!

O pasado xoves 19 de maio tivemos a honra de actuar na Festa Final do Correlingua 2022 para xs nenxs e xs mozxs de Vigo! De maneira presencial, estivemos co CEIP Otero Pedrayo, o CEIP Balaídos e o IES San Tomé, mais, virtualmente, con algún máis. Mágoa de non poder verlles as caras a todxs! […]

Leer más Correlingua en vigo!

na radio do IES Monelos

O pasado novembro tivemos a oportunidade de falar e de facer música ca mocidade do IES Monelos (A Coruña). Onte, saímos no programa musical da súa radio! Moitas grazas, e que non pare a radio! Click aquí para escoitar o programa e aquí para ver a actuación!

Leer más na radio do IES Monelos

Zënzar cumple 33 anos

No Nadal pasan cousas máis alá das festas en si: estamos de aniversario! Hai 33 anos, no 1988, Zënzar (aínda sendo o sexteto Mördor), dá o seu primeiro concerto no Pub Non Sei de A Silva. Máis ou menos un ano despois de xuntarse un grupiño de colegas no 87 para tocar (e aprender) a […]

Leer más Zënzar cumple 33 anos

Así é «Música e Lingua trío»

Neste mes de novembro, Zënzar está a levar a cabo unha serie de actividades do «Música e Lingua» en pequeno formato, con Xosé Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero. Son un total de 5 datas en centros de educación secundaria da cidade da Coruña, que son posibles grazas ó interese da equipa de Normalización Lingüística. […]

Leer más Así é «Música e Lingua trío»

próximas datas!

Coa chegada do outono parece que empeza a chegar algo de normalidade ás nosas axendas, e con ela, unha presiña de datas máis da xira Benvidas ó futuro. Este mes de outubro que entra recuperaremos algo de tempo perdido na pandemia con tres datas en salas e dúas coa mocidade da Coruña e Ames! _ […]

Leer más próximas datas!