Quen somos

_Manolo García, batería.  Membro fundador de Zënzar,  batería e letrista. Tamén colaborou con grupos coma Kastomä , Chícharo Psicótico ou a Banda Meljacha. Ex-batería do grupo 12 Labirinto onde se reencontrou con Manuel Silveira, ex Zënzar e membro fundador.

_Xosé A. Bocixa, voz. Membro fundador de Zënzar, unha das voces da Banda Meljacha e colaborador en moitos discos de grupos galegos. Membro activo do asociacionismo galego desde hai moitos anos e de movememtos como Burla Negra, Amelga, etc.  Traballou en radio máis de 15 anos ata que o deixou por non ser sumiso aos dictados do político de turno.  Actor de dobraxe, productor de eventos, guionista e realizador de documentais coma As Encrobas. A Ceo Aberto ou Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas.

_Mario Grela, guitarra e voces. Guitarrista e compositor, que se incorporou a Zënzar no 1997 logo de se disolver Nasser, o seu primeiro grupo. Actualmente é guitarrista, vocalista e compositor de Caudillos.

_Laura Romero, baixo. Incorpórase a Zënzar no ano 2016 debido á baixa de Tabe (membro fundador). É ilustradora, presidenta da AGPI, e desenvolve gran parte da súa profesión paralelamente á música. Participa nos espectáculos de Pakolas Cores, Contos e Rock´n´Roll debuxando en directo. É a autora do libro A culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego.

_Gonzalo Grela, guitarra e voces. Guitarrista que se incorpora a Zënzar no 2026 despois da marcha de Paco Cerdeira. Foi fundador e integrante de bandas coma Sensacha ou Machina. Actualmente é tamén guitarrista e voz principal en Broa.