Álbum: Bla, bla, bla (autoeditado, 2026)
Gravado en Estudios Bonham.
Vídeo gravado no Disco Pub Non Sei (A Silva) o 7 de febreiro de 2026.
Op. cámara e edición: Alberto da Silva Castro.
Op. cámara: Álvaro Núñez Lamas.
Agradecementos especiais: Disco Bar Non Sei (Asun, Catuxa, Beni e José Manuel).
Agradecemento a todas as persoas que estivestes para participar nesta sorte de cápsula do tempo no que se converteu o Non Sei o pasado 7 de febreiro de 2026, lugar onde Zënzar debutou o 23 de decembro do 1988. Agradecemento tamén ás que non puidestes vir. Sodes tamén familia Zënzar.
Esta canción, «Parabéns», vai por todas vós.
Coma nos libros de relixión,
historias feitas con paixón,
parábolas que saen da noite.
Como unha peregrinación
camiño dunha dirección,
o muro das lamentacións.
35 churrascos!
35 cubalibres!
35 sardiñadas!
35 anos máis!
Como non perder o control
cando estás bañado en suor,
cando goberna o corazón.
Como tentar disimular
que es persoa normal
cando todo é bacanal.
Parabéns por seghir aí.
Parabéns por saber oír.
Parabéns por razoar.
Parabéns por ser así.
Parabéns por entender.
Parabéns por seghir vivos.
Como non perder a ilusión
vendo caras de satisfación
cando manda o rockanrol.
Saber que sempre hai detrás
xente que mira po’que fas
xente con seis dedos de frente.
35 San Martiños!
35 festivais!
35 antroidos!
35 anos máis!
No peito o noso corazón
non colle coa puta emoción
de xuntar xente e rebelarse.
O tempo pasa sen control,
seghimos coa mesma paixón,
un neno con xoghetes novos.
Parabéns por seghir aí.
Parabéns por saber oír.
Parabéns por razoar.
Parabéns por ser así.
Parabéns por entender.
Parabéns por seghir vivos.
Parabéns, parabéns por seghir vivos.




Descubre más desde ZËNZAR
Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.