35 anos bourando

O ANIVERSARIO

Zënzar, o Zënzar primixenio [aínda chamados Mördor], debutou no pub Non Sei da Silva (Cerceda) o 23 de decembro de 1988. Non foi o primeiro grupo de rock en galego en Galicia (aínda que non había moitos daquela…), mais agora, despois de 35 anos desde o debut, trátase da banda de rock en galego que máis anos leva nos escenarios ininterrompidamente.

A XIRA

…e foi tamén o 23 de decembro, pero de 2023, a data do arranque da xira 35 anos bourando, como non podía ser doutra forma. Celebrouse co arroupo dunha ducia de amizades enriba do escenario, outra ducia de profesionais aos mandos da mesa, cámaras e demais, e con toda a tribo na Capitol.

O LIBRO

Aínda en proceso, pero listo para presentarse en breves, estará a autopublicación ilustrada A culpa foi de Zënzar. 35 anos de rock en galego. Un libro que vai máis alá da biografía de banda e que se nutre de decenas de voces que contan desde a súa propia visión.