LINGUA E MÚSICA

dinamización lingüística | historia da música en galego | igualdade

LINGUA E MÚSICA (banda)

A xornada divídese en dúas partes; a primeria, unha charla a cargo dos membros da banda e conducida por Laura Romero, e a segunda un concerto con todos os compoñentes de Zënzar.

Durante a charla debullamos, dun xeito entretido e mesturando vídeo, música, palabra e ilustración, toda a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento imprescindible dunha cultura, especialmente na música.

Con apoio audiovisual e das ilustracións
de Laura Romero, a banda debullará
cuestións coma a de comezar a facer
música en galego nos anos 80, a
importancia dos referentes e os
neofalantes, a importancia de crear en
comunidade e, ademais, da historia da
música en galego a través da visións das
mulleres músicas.

Para tratar a presencia e a importancia
(non sempre recoñecida) das mulleres
no panorama musical galego, falaremos
do proxecto Músicas Galegas Ilustradas
e das actividades realizadas dentro del
(a análise da paridade en festivais
galegos, a publicación Ferreñas & Rock
and Roll, etc) para entender o papel das
mulleres na música e cultura galegas.

A ter en conta:

Un espazo adecuado para concertos destas características (interior ou exterior).

A duración mínima é de 75 minutos.



galería