Fin de xira…

…e punto e aparte.

Despois do disco Benvidas ó futuro, cos seus practicamente dous anos de paróns e restriccións pola crise sanitaria (que estalou pouco despois de saír o CD á luz), precisamos un tempiño para tomar as cousas con calma.

Esperade: non marchamos! Simplemente, imos reactivar a maquinaria creativa no local e nas nosas casas. Hai algún cambio máis, como que a partir do 2023 xa non estaremos na familia Urdime (moi agradecidxs por todo o traballo connosco!).

«Pero, non ides tocar durante o 2023?» A ver, si. Mantemos con máis ilusión ca nunca o Música e Lingua. Cada vez desfrutamos máis deste encontro coa mocidade, da que aprendemos moito tamén. E haberá algún concerto «normal» tamén, claro.

Simplente, contarvos que por todo isto anunciamos o concerto do 3 de decembro no Gatos de Melide como unha fin de xira. Xa iredes descubrindo que estamos collendo forzas para finais do 23, e para o 2024. Con proxecto sorpresa para esas datas! (non, non é un disco).

E xa sabedes que para calquera cousa, estamos no Facebook, no Instagram e nalgunha plataforma máis.

Pixelín Photo

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s