así é Música e Lingua

Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela é unha actividade realizada pola banda dirixida a alumnado de secundaria. A xornada divídese en dúas partes; a primeria, unha charla a cargo de Bocixa, Paco e Laura, e a segunda un concerto con todos os compoñentes de Zënzar.

Durante a charla debullamos, dun xeito entretido e mesturando vídeo, música, palabra e ilustración, toda a información necesaria para entender a importancia da nosa lingua como elemento dinamizador e imprescindible dunha cultura, integrada no ámbito musical e audiovisual.

Realizamos tamén un percorrido pola historia da música contemporánea galega cantada en galego e buscarán a participación e diálogo co público asistente, desde precursores coma Andrés Dobarro ou NHU nos 70, os Resentidos nos 80, Zënzar, Xenreira, Skornabois, Heredeiros da Crus, os Diplomáticos de Monte Alto ou O Leo nos 90 ata bandas en activo máis recentes, coma Ruxe Ruxe, Sés, Terbutalina, Dakidarría, O Sonoro Maxín, Tanxungueiras, Guadi Galego…

Para tratar a presencia e a importancia (non sempre recoñecida) das mulleres no panorama musical galego, falaremos do proxecto Músicas Galegas Ilustradas e das actividades realizadas dentro del para acadar o obxectivo principal, que é a visibilización das mulleres neste ámbito.

Próximas datas aquí

+info (vídeo)

50568712_2110729169007189_5918961921733689344_o

imaxe: Xoana Grela, despois da primeira sesión no Centro Ágora da Coruña, en xaneiro do 2019.