Música e Lingua de novo en Betanzos

Voltamos a Betanzos de novo coa actividade Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela, que está a ter moi boa acollida entre o alumnado e o profesorado.

Que en que consiste? Abrimos cunha charla. Un achegamento á música galega desde as vivencias personais de Bocixa, quen fala sobre os seus referentes musicais e de comezaron as andainas do grupo, alá polo ano 88. Laura fala do papel da muller na música galega, tamén desde vivencias personais pero sobre todo polo seu proxecto Músicas Galegas Ilustradas. Paco falará desde a perspectiva dunha persoa non nacida en Galicia e de como superou complexos e prexuízos á hora de soltarse e falar galego.

E remata todo cun concerto de rock, coa banda ó completo. Que mellor forma de rematar un día adicado á música!

Comezamos a montaxe ben cedo…

*

Momento de proxección do Xosefa-logo, a imaxe de Músicas Galegas Ilustradas

*

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Rock’n’Roll para rematar a xornada!

*

Betanzos outubro 19 (3)

Foto de familia. Miguel Iglesias sustituíndo a Roi ós mandos da mesa de son.