35 anos bourando

o 23 de decembro estamos de aniversario e o celebramos na sala capitol.

Zënzar, aínda Mördor, debutabamos no disco-pub non sei a véspera de noiteboa de 1988. e estamos a montar unha boa para a sinalada efeméride!

Mirade, mirade se non…

unha ducia de amizades connosco no escenario, e sorpresas aínda por desvelar… Onde e cando conseguir a entrada?

E desde o venres 3 de novembro en diferentes puntos de venda:

Bar Orellas (Ordes)
Pub Kronos (Ordes)
A Taberna (Cerceda)
Lume e Ferro (Carral)
Rock Café (Compostela)

O Logradouro (Carballo)
Bocatería Soa (Guitiriz)
Pub Gatos (Melide)

O prezo da anticipada, tanto física como dixital, ten un prezo de 12€ sen custos de ningún tipo. En billeteira, o mesmo día, valerán 15€.

As portas abren ás 20:30h.
comeza a caldear o ambiente peter dj, cunha sesión moi especial para a ocasión, ás 21h.
ás 22h, ZËNZAR á carga!

…E DESPOIS, FESTA POSTCONCERTO NO EMBORA!


Que máis podemos contar?
Pois que será un concerto único e especial. Compartir escenario con amizades «vellas» e novas é motivo de celebración sempre. Zënzar non ten sentido de forma aillada. Estamos a reafirmalo durante o proceso dun libro ilustrado sobre a historia da banda e sobre todo o que nos rodeou. Hai que agardar: sairá en marzo de 2024.



Descubre más desde ZËNZAR

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

3 comentarios sobre “35 anos bourando

  1. Alí estaremos celebrando co grupo rockeiro galego Zënzar de Cerceda, amig@s, veciñ@s, noite especial deste feixe de músic@s que fan historia na música galega. 35 Parabéns e mil outonos máis.

    Le gusta a 1 persona

Deja un comentario