REMATA O VERÁN PERO SEGUIMOS TOCANDO!

A fin do verán chega con novos detalles na axenda de concertos: Ribadeo, Cangas, Boimorto, Ferrol, A Coruña… Atoparedes toda a info dispoñible na axenda desta web e nas nosas redes.

A próxima data será en Ribadeo cunha banda á que apreciamos e seguimos de cerca dende hai anos: The Eskarallas. Se non os vistes (e vivistes) en directo, non perdades a oportunidade. Todo enerxía!! Podedes mercar entradas anticipadas dende xa na web do Festival Vendaval.

O día 3 de outubro pasaremos polo Adro (Cangas), un novo local de música en directo ao que lle temos moitas ganas. E tamén en outubro estaremos no 5º aniversario do Festival da Chousa, en Boimorto, xunto con Nuada, Eskravos e Parking Dust. Repetimos no cartel porque o ano pasado «caemos» tres semanas antes por motivos de saúde. Entrada libre, por certo!

Visitaremos ademais Ferrol, A Coruña e Guitiriz, aínda que non temos cartel nin detalles dispoñibles por agora.


Descubre más desde ZËNZAR

Suscríbete y recibe las últimas entradas en tu correo electrónico.

Deja un comentario