Últimos “Música e Lingua” do curso 18/19

Zënzar pasou por Fisterra, Baio e Rois coa súa actividade “Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela” este mes de maio para (case) pechar o curso escolar a ritmo de rock. Son as últimas datas do curso, pero hai algunha máis axendada para máis adiante. Non deixedes de seguir as contas de Facebook e Instagram para saber as novedades sobre a banda! Ou consultade a nosa axenda de concertos nesta mesma web…

As fotos son da actividade de Rois (que fixemos sen Mario e a súa guitarra). Pronto estarán dispoñibles máis.