Por fin! Revelamos a imaxe do novo disco, Benvidas ó futuro, e dous temas máis que podedes escoitar facendo clic na imaxe.
Este é un disco moi esperado e moi especial para todos os membros da banda. Un disco no que todo o grupo e amizades do mundo da música e da cultura galega traballaron nel. Comezando pola gravación, mestura e masterización, das que se encargou Roi Gil, técnico de son de confianza e sexto zënzar. A parte gráfica, desde a portada ata o deseño de merchandising é obra de Laura, ilustradora e baixista da banda. Neste traballo tamén colaboraron músicas coma Zeltia Irevire, Juankar de Boikot, O Reverendo Can (que tamén aportou un tema), Manuel Silveira (ex-zënzar e membro fundador), Anxo Silveira (Talesien) ou Miguel Duarte. Tamén xente das nosas letras: Laura Rey, Emma Pedreira e Ramiro Vidal (autor do texto dun dos temas).
Por suposto, é un disco que lle dedicamos a Tabe, en especial o tema do Samurai.
Pronto iremos publicando novos vídeos e novas e sorpresas.
Ide empezando a visitar a nosa axenda de concertos, por certo!
Irase actualizando ós poucos…