Benvidas ó futuro pódese mercar en dúas modalidades:
_CD con 10 temas novos e unha revisión do clásico A culpa foi de Leño. Digipack clásico de acabado brillante. Prezo: 10€ + gastos de envío

_USB Edición especial. Cos temas incluidos no CD tanto en wav coma en mp3 e unha selección de 32 temas de discos (e unha maqueta) anteriores. A caixa, tamén de cartón, lixeiramente máis grande ca do CD normal, cun deseño diferente e cunha breve historia da banda no interior. Prezo: 15€ + gastos de envío

Como merco o disco?
Escribindo a vendas@zenzar.info ou empregando o formulario de contacto desta web. Enviaremos o CD a casa previo pago por transferencia (por mail explicaremos todo).