Novo vídeo! Standing Rock

Standing Rock é o segundo adianto en formato vídeo do noso novo disco Benvidas ó futuro, gravado, mesturado e producido polo noso técnico e amigo Roi Gil.

Coa participación das poetas Emma Pedreira, Laura Rey e Ramiro Vidal, autor da letra . A man e o ollo do amigo Manuel Macou, profesional que fixo posible esta peza coa colaboración de Tingalaranga na imaxe. As fotografias son de Xosé Castro «Pepucho» e as imaxes de Carlos Varela.

O rock en pé nunha homenaxe á loita das Encrobas, coas labregas e as persoas que coidan e defenden a terra!

ver vídeo