No Nadal pasan cousas máis alá das festas en si: estamos de aniversario! Hai 33 anos, no 1988, Zënzar (aínda sendo o sexteto Mördor), dá o seu primeiro concerto no Pub Non Sei de A Silva. Máis ou menos un ano despois de xuntarse un grupiño de colegas no 87 para tocar (e aprender) a facer música en Meirama.
Queredes coñecer a nosa historia? Clicade aquí!
Verémonos pronto nos escenarios, amig@s!


