Así é «Música e Lingua trío»

Neste mes de novembro, Zënzar está a levar a cabo unha serie de actividades do «Música e Lingua» en pequeno formato, con Xosé Bocixa, Paco Cerdeira e Laura Romero. Son un total de 5 datas en centros de educación secundaria da cidade da Coruña, que son posibles grazas ó interese da equipa de Normalización Lingüística.

Sabemos que este formato, musicalmente, non ten a «tralla» e a potencia que ten o MeL de sempre (cos cinco compoñentes da banda). Mais a súa maior vantaxe é a mellor adaptación a pequenos espazos e horarios máis reducidos (uns 50 min). Permite máis proximidade coa mocidade presente. A maiores, e como algo que non se fai no MeL convencional, Laura elabora unha ilustración relacionada co proxecto Músicas Galegas Ilustradas en directo (debuxo que quedará no centro, claro!)

Así nos está indo nos IES coruñeses!

Breve resumo en vídeo da actividade no IES Monelos

Actividade no IES Menéndez Pidal-Zalaeta

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s