próximas datas!

Coa chegada do outono parece que empeza a chegar algo de normalidade ás nosas axendas, e con ela, unha presiña de datas máis da xira Benvidas ó futuro. Este mes de outubro que entra recuperaremos algo de tempo perdido na pandemia con tres datas en salas e dúas coa mocidade da Coruña e Ames!

_ sábado 9 de outubro, na sala Mardi Gras n’A Coruña

_venres 15 de outubro na Malatesta (antiga Nasa, epicentro rockeiro compostelán), dentro do festival Sons de Breogán, acompañados por Cuarta Xusta e TIAM Gz.

_sábado 23 de outubro no Pub Gatos de Melide, o templo do rock do interior!

Na axenda tedes os detalles para coller as entradas!

Esperamos que antes de final de ano poidamos facer algunha festiña máis das que quedaron pendentes pola pandemia…